RESULTADOS BASE 13-14 de marzo

RESULTADOS

| Fin de semana dura a nivel de resultados, con tres derrotas en tres partidos, pero sempre creando novas oportunidades de aprender e gozar en EQUIPO

XUVENIL | As de Daniela Savic, recibiron na terceira xornada do Grupo A – 2ª Fase Liga Ouro ao De Pueblo Carnicería Bm. Pabellón | Derrota, 23-26.

CADETES | As de Fabio Lima recibiron ao UB Lavadores na segunda xornada da 2ª Fase Liga Ouro | Derrota, 22-29.

INFANTÍS | As de Mariano Carbone iniciaron co Bm. Porriño a andadura no Grupo Único da 2ª Fase – Liga Ouro | Derrota, 17-18. A descansar e a prepararse para unha nova semana de traballo!Máis que nunca… #ÉUnSentimento

RESULTADOS 16-17 de xaneiro

BASE 🤾 | Na Liga Ouro comezo truncado para as nosas xuvenís no día de onte que perderon no seu primeiro partido da segunda fase da competición. Un rival moi duro que non deixou opcións ás de Daniela Savic.


#XuvenilFeminina | Segunda fase – Liga Ouro Grupo A | vs Balonmano Porriño A | Derrota, 39-20.


A seguir pelexando! Voltarán as vitorias! 💙💪

RESULTADOS | Base

BASE | Damos a benvida ao 2021 tal e como despedimos o 2020: falando da nosa canteira!

Os nosos equipos infantil, cadete e xuvenil xa están ao día coas súas xornadas aprazadas e xaneiro comeza con moita ilusión despois dos últimos resultados acadados

#InfantilFeminina | Xornada 1 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs Clube Balonmán Tui | Vitoria, 28-16.

#InfantilFeminina | Xornada 10 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs UB Lavadores Vigo B | Vitoria, 31-16.

Con estas dúas vitorias consecutivas, o equipo que dirixe Mariano Carbone completa a primeira fase da competición rematando PRIMEIRO despois dun traballo destacadísimo cun balance de 17 puntos en 10 xornadas (8 vitorias, 1 empate e unha derrota). Noraboa a todas polo esforzo!

Tamén xogaron as de Fabio Lima, que aínda teñen por diante catro xornadas para seguir pelexando co Porriño polo liderado do grupo (actualmente, segundas).

#CadeteFeminina | Xornada 1 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs EDM Salceda | Vitoria, 31-17.

Por último, as xuvenís de Daniela Savic xa están á espera de coñecer o calendario para a segunda fase da competición tras rematar segundas no Grupo 1 Xuvenil.A seguir facendo camiño nas competicións da FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN!

BASE | Partidos aprazados

Estas datas festivas son unha boísima oportunidade para que os nosos equipos de base recuperen os partidos correspondentes ás xornadas aprazadas:

#InfantilFeminina | Xornada 5 – 26.12.2020 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs UB Lavadores B | Vitoria, 9-30.

#InfantilFeminina | Xornada 1 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs Clube Balonmán Tui | Martes 29.12.2020 ás 19:30 horas, A Sangriña.

#CadeteFeminina | Xornada 1 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs EDM Salceda | Martes 29.12.2020 ás 17:30 horas, A Sangriña.

RESULTADOS | 5-6 de decembro

BASE | Unha mágoa, pero esta fin de semana a dinámica positiva dos nosos equipos de base rompeuse e endosaron tres derrotas. Seguro que co traballo que están facendo voltan de novo á senda da vitoria! Iso si, o que temos claro e que seguen gozando en todo momento da competición da FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

#CadeteFeminina | Xornada 3 | 1ª Fase – Grupo 1 | Bm. Porriño | Derrota, 15-29.


#InfantilFeminina | Xornada 3 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs Bm. Porriño | Derrota, 10-16.


#XuvenilFeminina | Xornada 1 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs Bm Cangas | Derrota, 28-19.

Máis que nunca… #ÉUnSentimento