Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria 2018

De conformidade co disposto nos artigos 16 e 17 dos vixentes estatutos do Club Balonmán Atlético Guardés, convócase ao seareiros á Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro 30 de agosto de 2018, ás 20:30 horas na primeira convocatoria e ás 21 horas en segunda e última convocatoria no Pavillón de A Sangriña, coa seguinte orde do día:

1º – Lectura e aprobación, se prodece, da acta anterior.

2º – Informe Económico e Deportivo do Presidente da temporada 2017/2018.

3º – Presuposto Económico do Club da temporada 2018/2019.

4º – Informe do Presidente da viabilidade do club no apartado Económico e Deportivo de cara a vindeiras temporadas.

5º – Rogos e preguntas.

Conv Asamblea 2018 s-f

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *