Oferta especial para o partido de volta da Copa Europea

  • Se mercas a túa entrada antes do encontro de ida deste sábado en Madeira, terás prezos máis económicos que se a mercas despois
  • 10 euros para socios, 15 para público en xeral e 5 para rapaces de entre 9 e 17 anos,  antes da ida e cinco euros máis por categoría, despois; os cativos menores de 9 anos entran de balde
  • Xa se poden recoller as entradas: na oficina da Sangriña, de luns a venres, en horario de 16:30 a 20:30

Os cuartos de final da Copa Europea fronte o Madeira Andebol dan comezo este sábado, co partido de ida en Funchal, a partires das 18:00 (hora española). Pero a directiva do Mecalia Atlético Guardés xa comezou preparar a volta do vindeiro domingo día 19 de febreiro na Sangriña (17:00). Por iso, lanza unha oferta especial nas entradas. Todo aquel que adquira os seus boletos antes do partido de ida na illa portuguesa, gozará dun desconto de cinco euros no prezo.

Os socios poderán adquirir o seu suplemento por 10 euros, o público en xeral a súa entrada por 15 e ós júnior -de 9 a 17 anos- saíralle o ticket en 5 euros. Estes prezos manteránse en vigor antes do pitido inicial do partido deste sábado. É dicir, esta semana. Despois do encontro, os prezos pasan a ser os establecidos: 15 euros para socios, 20 para público en xeral e 10 para os júnior. En tódolos casos, iso si, os cativos de 8 ou menor idade entran de balde

As entradas poden adquirirse na oficina do pavillón da Sangriña, que está aberta de luns a venres, en horario vespertino de 16:30 a 20:30. Contamos convosco para seguir subindo chanzos na Copa Europea e seguir levando o nome do noso pobo polo vello continente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *