PROMO – SORTEO | Segunda equipación

PROMO 🥳 | Achéganse datas importantes para o club e estamos seguros de que ninguén, máis ca ti, está orgulloso de ser do Guardés 😉

Se queres lucir mellor que o resto no graderío anímate a facerte cunha camiseta da segunda equipación, a vermella, a guardesa por excelencia 😍

Desde mañá, coincidindo co partido contra o Aula, ata o mércores 4 de marzo, cando nos visita o Rincón Fertilidad Málaga (21 h) podes comprala a precio especial: 40 € 💥

Entre todos os que vos animedes a comprar unha camiseta sortearemos tres packs #SomosGuardés: bufanda do club máis libro conmemorativo do 50 aniversario. Os gañadores daránse a coñecer no descanso do Guardés – Aula de Challenge Cup.

Ademais, se durante estes días compartes a túa foto coa camiseta animando ao equipo conseguiremos que o protagonista da imaxe máis orixinal teña a camiseta firmada por todo o equipo e unha foto con elas. Para participar sube a túa foto a Twitter ata o domingo 1 de marzo etiquetando ao club e coa etiqueta #EuSonGuardés 💙

Agardámoste en O Inferno de A Sangriña!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *