IMPORTANTE: Trala notificación de que a Consellería de Sanidade acorda limitar as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas, o Club Balonmán Atlético Guardés apraza sen data a Asemblea Xeral Ordinaria convocada para o vindeiro domingo.
De acordo co disposto nos artigos 16 e 17 dos vixentes Estatutos do CLUB BALONMÁN ATLÉTICO GUARDÉS, convócase aos socios/as a unha ASEMBLEA XERAL ORDINARIA para o vindeiro domingo 18 de outubro de 2020 ás 12 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 horas na segunda e última coa seguinte orde do día :
1º .- Lectura e aprobación, se procede, da acta da anterior asemblea.
2º .- Presentación da nova Xunta Directiva do Club.
3º .- Informe do Presidente, ECONÓMICO e DEPORTIVO da temporada 2019/2020.
4º .- Presuposto económico do Club para a temporada 2020/2021.
5º .- Rogos e preguntas.