A Xunta manifesta a súa “profunda preocupación” ante a o proxecto de reforma da Sangriña

  • O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, reuniuse co xerente do clube, José Manuel Silva, para tratar a cuestión
  • O mandatario asegurou que convocará “de xeito inmediato” ó Concello de A Guarda para buscar “unha saída a unha situación inadmisible”
  • Lete Lasa: “Esta reforma pon en risco a continuidade do equipo”

O xerente do Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva, asistiu esta mañá a unha reunión de urxencia co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa. Na xuntanza estivo tamén o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López. A Xunta de Galicia, na persoa do seu máximo mandatario no que a deporte se refire, mostrou o seu total apoio ó clube nas súas reivindicacións respecto ó proxecto de reforma do pavillón da Sangriña.

“Máis aló de non ser o óptimo deseño que precisa o Guardés, xa que seguiría sen poder acceder á fase de grupos da Liga Europea, pon en risco a continuidade do equipo xa que supón un custo inasumible ante a falta de alternativa doutro escenario no que xogar os seus partidos”, explicou Lete Lasa ante unha problemática para a que non hai solucións dende o Concello de A Guarda.

Sobre a entidade municipal, o Secretario Xeral para o Deporte asegurou que a convocará de “xeito inmediato” para buscar “unha saída a unha situación inadmisible”. Ademáis, manifestou a súa “profunda preocupación” ante o “futuro incerto” dun equipo que “leva anos facendo historia non só en España, conquistando a Liga en 2017, senón tamén en Europa durante oito anos consecutivos”. Para rematar, Lete Lasa lembrou que “un clube tan grande como o Guardés, precisa un pavillón axeitado á súa magnitude”.

O partido contra o Bera Bera estará adicado á loita contra a violencia de xénero

  • Será o vindeiro mércores, ás 20:45, na Sangriña
  • O Mecalia Atlético Guardés está absolutamente comprometido na loita frontal contra esta lacra social

O vindeiro mércores, o Mecalia Atlético Guardés recibe na Sangriña ó Super Amara Bera Bera, líder da Liga. Será un partido especial. Polo que aconteza dentro da pista pero tamén por todo o que vai rodear o encontro, xa que é o elixido para ser adicado á loita contra a violencia de xénero.

Continuar leyendo “O partido contra o Bera Bera estará adicado á loita contra a violencia de xénero”

El Guardés, mejor club de Galicia por segunda vez

  • La entidad ha sido elegida por la Xunta de Galicia como la más destacada en categoría femenina
  • La Secretaría Xeral para o Deporte entregará los galardones el 14 de mayo en Pontevedra

El Club Balonmán Atlético Guardés ha sido elegido de nuevo como la entidad femenina más destacada de Galicia. La Secretaría Xeral para o Deporte dio a conocer hace escasos días los nombres de los ganadores de los Premios Deporte Galego 2017, que en esta edición cuenta con 17 categorías. Continuar leyendo “El Guardés, mejor club de Galicia por segunda vez”