🟢 COMUNICADO | Jesús López encabeza unha Xunta Xestora provisional
O Club normaliza a súa situación organizativa e conta xa cun equipo de dirección de cinco persoas, xunto con numerosos colaboradores, que liderarán o día a día da entidade durante o vindeiro trimestre.
💪 Este mes de agosto as nosas xuvenís Melina Rodríguez, Silvia Lomba e Sabela Lomba atópanse realizando a preparación de pretempada xunto co primeiro equipo.
As tres sumaron minutos no marco do torneo Summer Bag de Villacelama, unha das 5 competicións que xogarán 🏅
Non é o resultado que esperabamos, mais si unha grande oportunidade de aprendizaxe nestas semanas tan importantes de toma de sensacións. Seguimos a medrar e a construír equipo xuntas ❤️🩹