BASE | Damos a benvida ao 2021 tal e como despedimos o 2020: falando da nosa canteira!
Os nosos equipos infantil, cadete e xuvenil xa están ao día coas súas xornadas aprazadas e xaneiro comeza con moita ilusión despois dos últimos resultados acadados
#InfantilFeminina | Xornada 1 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs Clube Balonmán Tui | Vitoria, 28-16.
#InfantilFeminina | Xornada 10 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs UB Lavadores Vigo B | Vitoria, 31-16.
Con estas dúas vitorias consecutivas, o equipo que dirixe Mariano Carbone completa a primeira fase da competición rematando PRIMEIRO despois dun traballo destacadísimo cun balance de 17 puntos en 10 xornadas (8 vitorias, 1 empate e unha derrota). Noraboa a todas polo esforzo!
Tamén xogaron as de Fabio Lima, que aínda teñen por diante catro xornadas para seguir pelexando co Porriño polo liderado do grupo (actualmente, segundas).
#CadeteFeminina | Xornada 1 | 1ª Fase – Grupo 1 | vs EDM Salceda | Vitoria, 31-17.
Por último, as xuvenís de Daniela Savic xa están á espera de coñecer o calendario para a segunda fase da competición tras rematar segundas no Grupo 1 Xuvenil.A seguir facendo camiño nas competicións da FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN!