×
  • O club do Baixo Miño está integrado no 1º Plan de patrocinio de equipos de alta competición femininos promovido pola Xunta de Galicia
  • O partido do vindeiro sábado co Aula Valladolid (19 h, A Sangriña), adicado a esta temática 

O Club Balonmán Atlético Guardés está integrado no 1º Plan de patrocinio de equipos de alta competición femininos promovido pola Xunta de Galicia e este sábado protagonizará un partido adicado a esta temática. Esta fin de semana, tan só uns días antes do 25-N, o Guardés xogará co Aula Alimentos de Valladolid (19 h, A Sangriña) un partido adiado de Liga Guerreras Iberdrola adiado da xornada 5 e a Igualdade será protagonista. Ao longo da semana haberá distintas accións de difusión, como a rolda de prensa virtual desta mañá na que participou en representación do club a vicepresidenta Gloria María Rodríguez xunto con representantes da Xunta. 

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, estiveron presentes no encontro virtual en Santiago de Compostela cos equipos beneficiarios do plan de patrocinio que aproveitaron para destacar a contribución destas formacións no fomento da tolerancia, da igualdade e da non violencia de xénero.

Na xuntanza participaron os equipos femininos de alta competición de fútbol sala, baloncesto, balonmán, fútbol e rugby que resultaron beneficiarios na convocatoria: Ensino Lugo Club de Baloncesto, Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Atlético Guardés, Real Club Deportivo de La Coruña SAD, Ourense Club de Fútbol SAD, Club Deportivo Burela Fútbol Sala, Club Poio Fútbol Sala, Cidade de As Burgas Fútbol Sala e Club de Arquitectura Técnica.

Lorenzana dirixiuse ás participantes na xuntanza e indicou que “os equipos femininos e todas e cada unha das xogadoras que os conformades sodes as mellores embaixadoras posibles dos valores que defende á comunidade galega e por suposto a Xunta”. “Sodes nosas referentes á hora de poñer en valor a importancia do deporte como medio de fomento da actividade física saudable, como medio de socialización e cohesión social e como ferramenta de loita pola tolerancia, a igualdade e a non violencia de xénero no deporte e, na vida”, engadiu.

O plan de patrocinio diríxese a equipos femininos de alta competición e está dotado con 150.000 euros froito da colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Fundación Deporte Galego, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. “O deporte é unha actividade física cun gran potencial na educación e nos medios de comunicación, polo que constitúe un motor de cambio social”, incidiu Lorenzana. A conselleira resaltou que o deporte é un vehículo de aprendizaxe fundamental. “Temos a obriga de utilizalo tamén para conseguir que a igualdade das persoas e a sen razón da violencia en todas as súas manifestacións, e particularmente a violencia contra as mulleres, enraícen como principios básicos de comportamento desde as idades máis temperás”, engadiu.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete incidiu, pola súa banda, na “alianza estratéxica” do Goberno galego para sacar adiante este primeiro plan e sinalou que non hai “mellores referentes para os nosos nenos e nenas, para que lles digades o importante que é loitar contra a violencia de xénero e a favor da igualdade efectiva entre mulleres e homes, transmitíndolles valores tan importantes como os da tolerancia, a igualdade e a non violencia”.

Lete lembrou que o novo plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos é unha liña de actuación paralela ao undécimo Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia, cuxa primeira fase -cun orzamento de máis de 2 millóns de euros grazas á colaboración da Xunta e Abanca dirixida ás entidades que competiron en modalidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta ou sénior ou previa á absoluta entre 2019 e 2020- destaca por unha maior presenza dos equipos femininos (46) e mixtos (4) sobre os equipos masculinos (44).

Por último, a vicepresidenta do Guardés, Gloria María Rodríguez, manifestou que “para o Guardés é unha responsabilidade concienciar contra a Violencia de Xénero e xa no mes de setembro o plantel de División de Honra participou nunha charla organizada polo CIM da Guarda sobre esta temática”, lembrou. “Ao longo da temporada, agardamos tamén facer algunha actividade neste sentido coas nosas deportistas de categorías inferiores. Polo momento, este sábado, tan só uns días antes do sinalado 25-N, teremos un partido que servirá de escaparate nesta loita”, adiantou en relación a actividade deste sábado. 

Ademais de incorporar os logotipos corporativos nas competicións nas que participan os equipos beneficiarios, estes deben levar a cabo un partido dedicado á loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida. Deste xeito, o Club Balonmán Porriño e o Cidade das Burgas xa celebraron este partido dedicado, e os outros sete equipos celebrarano nas vindeiras datas: Clube Balonmán Atlético Guardés (21 de novembro), Ensino Lugo Club de Baloncesto (22 de novembro), Real Club Deportivo de La Coruña (22 de novembro), Club Deportivo Burela Fútbol Sala (5 de decembro), Club Poio Fútbol Sala (12 de decembro), Club de Arquitectura Técnica (13 de decembro) e Ourense Club de Fútbol (16 de decembro).

Desde o ano 2015 a Xunta mantén un firme compromiso a prol da igualdade e da eliminación da violencia de xénero no ámbito deporte en colaboración coas federacións galegas de fútbol, baloncesto ou balonmán e con iniciativas específicas en espazos deportivos e a súa difusión a través dos clubs galegos. Actualmente a Consellería de Emprego e Igualdade está a desenvolver nas redes sociais o proxecto Coñecendo ás nosas deportistas, que pretende achegar actividades, entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e dar visibilidade á situación da muller galega no deporte.

AXENDA: 

APRAZADO | Liga Guerreras Iberdrola | Grupo A | Jornada 5 | Club Balonmán Atlético Guardés – Aula Alimentos de Valladolid  |  Sábado 21 de noviembre a las 19 horas, A Sangriña | Árbitros: José C. Friera Cavada y Jesús Álvarez Menéndez (Asturias). 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Autor

btzsera@gmail.com

Itziar Martínez, convocada para la vuelta de las Guerreras

El Mecalia Atlético Guardés tendrá representación en la próxima cita de las Guerreras de Ambros Martín. La lateral derecho Itziar Martínez ha...

Leer todo

Renovado el patrocinio de ORPAGU una temporada más

El acuerdo de patrocinio entre ORPAGU y Mecalia Atlético Guardés ha sido renovado una temporada más. El pasado 30 de agosto, jugadoras...

Leer todo

Calendario Liga Guerreras Iberdrola 2024/2025

Ya se conocen las fechas de cada jornada para la temporada 2024/2025 de la Liga Guerreras Iberdrola. Un total de 26 encuentros...

Leer todo

El Guardés, presente en las Jornadas de Tecnificación Nacional de la Federación

La pasada semana se celebraron las Jornadas de Tecnificación Nacional en el Centro de Alto Rendimiento (CAR) de Sierra Nevada (Granada), dirigidas...

Leer todo

“O legado continúa”: la nueva campaña de abonados del Guardés

• El club anima a los socios y aficionados a acompañarles en la temporada 2024/2025• El tema de la campaña hace referencia...

Leer todo

Carme Castro se une al proyecto del Guardés para el curso 2024/25

La extremo derecho llega procedente del Porriño Su gran rendimiento le permitió dar el salto de la base al primer equipo louriñés,...

Leer todo