VIAXE | Queremos levar ao Inferno con nós!

VIAXE 🚌 | Cando se achega a Semana Santa todos temos máis ganas de viaxar, non si? 🤪

Pois agardando que queirades seguir vendo mundo en maio… temos unha proposta de viaxe para afección que enche sempre O Inferno de A Sangriña! 🔥

Para gozar xuntos da X.23 de Liga Guerreras Iberdrola poñeremos un bus con destino a Valladolid o domingo 5 de maio.

A expedición partirá do pavillón o domingo de madrugada (6 a.m aproximadamente), gozará en Huerta del Rey do partido entre o Balonmano Aula ValladolidMecalia Atl. Guardés (12:15 h) e regresará ao remate do mesmo.

O custe será de 35€/pax con transporte+entrada.

⚠️ A reserva poderase formalizar ata o luns 29/04 ás 22 horas e sempre haberá que tramitala na oficina ou na cantina deixando un pago por adiantado de 10€/pax.

#ÉUnSentimento