COMUNICADO

O Club Balonmán Atlético Guardés condena e reproba enerxicamente os insultos que se veñen producindo por unha minoría de afeccionados nalgúns dos últimos partidos disputados no Pavillón municipal da Sangriña. O Club sempre estará en contra da violencia, en tódalas súas formas, e defenderá os valores do balonmán, como son o respeto, a tolerancia e o compañerismo. Neste sentido, pide a afección que colabore para combatir as malas accións, que non representan a un deporte no que se forman cada día, con moito esforzo, a unha gran cantidade de nenas e nenos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *