- Será o vindeiro mércores, ás 20:45, na Sangriña
- O Mecalia Atlético Guardés está absolutamente comprometido na loita frontal contra esta lacra social
O vindeiro mércores, o Mecalia Atlético Guardés recibe na Sangriña ó Super Amara Bera Bera, líder da Liga. Será un partido especial. Polo que aconteza dentro da pista pero tamén por todo o que vai rodear o encontro, xa que é o elixido para ser adicado á loita contra a violencia de xénero.
É un acto máis dentro da campaña NON da Xunta de Galicia para concienciar da importancia de opoñerse frontalmente e sen ningún matiz fronte a esta lacra social. A violencia estructural contra as mulleres leva cada ano por diante decenas de vidas de víctimas asasinadas e moitas máis con fondas feridas tanto físicas como psicolóxicas derivadas deste mal endémico.
A vontade do Mecalia Atlético Guardés na loita fronte a este problema é total e absoluta. A violencia de xénero sempre nos terá enfronte, porque tal como di a campaña da Secretaría Xeral pola Igualdade, somos ‘haters’ da violencia de xénero, contra a que só cabe unha resposta: simplemente NON.