- Para ir ó partido deste sábado ás 20:00 é imprescindible facelo con invitación
- Debe recollerse na Sangriña o mércores, xoves ou venres, en horario de 16:30 a 20:30, presentando carné de abonado e DNI
- Repartiránse invitacións ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias
A ampliación de aforos que dende o mércores permiten as autoridades sanitarias nos recintos deportivos amplía as opcións de asistencia ó pavillón de Sangriña para o partido deste sábado ás 20:00 horas entre o Mecalia Atlético Guardés e o KH7 Granollers. Pese a isto, só os socios e socias do conxunto miñoto poderán acceder ó recinto para presenciar a segunda xornada da Liga Guerreras Iberdrola.
Para facelo é imprescindible ensinar unha invitación na porta de entrada. Os socios poden recollela no pavillón da Sangriña dende o mércores ata o venres, en horario de 16:30 a 20:30. Hai que estar ó corrente do pago do carné de abonado desta tempada e presentalo, xunto co DNI, para poder adquirir a invitación. Repartiranse as citadas invitacións ata completar o aforo máximo permitido para este partido.