Comunicado sobre o suceso no partido infantil do día 8 de outubro

Despois dos feitos acontecidos o pasado sábado no pavillón de Carballal, en Vigo, no transcurso do encontro do play-off de categoría infantil entre o Balonmán Chapela e o Mecalia Atlético Guardés, no que unha secuencia de aldraxes á parella arbitral dende a grada remataron nun conato de pelexa que mesmo obrigou a deter o encontro durante uns minutos, o Club Balonmán Atlético Guardés quere manifestar que:

Continuar leyendo “Comunicado sobre o suceso no partido infantil do día 8 de outubro”

BASE | Fase Final Galega

BASE 🤾‍♀️ | Esta fin de semana só temos para a nosa canteira a cita do conxunto infantil.

No Pavillón Municipal de Camariñas, o equipo adestrado por Fabio Lima, debutará esta tarde na Fase Final Galega da 2ª División Infantil Feminina.

Na primeira xornada veranse as caras co Balonmán Culleredo (18:45 h). Mañá xogarán ás 10:30 h co Balonmán Chapela e o domingo pecharán a súa participación ante o anfitrión, o Balonmán Camariñas (12:30 h). 

Moita sorte a por todas! 💙