Hoxe, mañá e sempre, o Guardés está na loita contra a violencia de xénero

  • A familia do Mecalia Atlético Guardés conmemora o 25 de novembro coa firme vontade de confrontar esta lacra social
  • O clube apoia sen fisuras a campaña NON da Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia no Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

O presente día 25 de novembro reivindícase o Día Internacional para a eliminación da Violencia contra as mulleres. Todas desexaríamos que esta data non se tivese que levar a cabo, mais é moi necesaria para visibilizar esta epidemia e concienciar da importancia de opoñerse frontalmente e sen ningún matiz fronte a esta lacra social. A violencia estructural contra as mulleres leva cada ano por diante decenas de vidas de víctimas asasinadas e moitas máis con fondas feridas tanto físicas como psicolóxicas derivadas deste mal endémico.

O pasado día 13 de novembro disputouse na Sangriña o encontro entre o noso equipo e o Bera Bera de San Sebastián, actual líder da Liga Guerreras Iberdrola e vixente campión. Foi o partido escollido para adicarllo á campaña NON da Xunta de Galicia. Antes do envite, as dúas escadras posaron cos lonas da iniciativa e leuse un manifesto fronte a violencia de xénero, que é aplicable a calqueira día do ano. E así seguirá sendo ata que de unha vez por todas finalice a violencia contras as mulleres polo simple feito de selo.

A vontade do Mecalia Atlético Guardés na loita fronte a este problema é total e absoluta. A violencia de xénero sempre nos terá enfronte, porque tal como di a campaña da Secretaría Xeral pola Igualdade, somos ‘haters’ da violencia de xénero, contra a que só cabe unha resposta: simplemente NON.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *